ANPA TRISCOS REXISTRO MEMBROS

    ANPA TRISCOS

    FORMULARIO REXISTRO MEMBROS


    Cuota anual é de 31€, dos que 10€ corresponden ao seguro escolar, no caso de familias con dous o máis nenos deberán aboar 10€ por cada neno adicional

    -1 neno 31€
    -2 nenos 41€
    -3 nenos 51€

    Ingresar en CAIXA RURAL conta número ES90 3070 0032 93 6076195020 indicando no concepto o nome do alumno e o curso a que pertence.

    Garde ou faga unha foto da proba de pago para unir a este formulario.

    Prazo de pagamento ANPA ata o 15 de Outubro.

    O seguro escolar é nominativo e nel o neno está cuberto nos accidentes que puidera sufrir nas actividades propias do centro escolar, en horario de comedor escolar e nas organizadas pola ANPA, incluíndo aquelas que require desprazamento. A póliza inclúe entre outras coberturas : asistencia sanitaria por accidente, incapacidade permanente, material de próteses, gafas, aparatos acústicos e ortopedia e accidentes in itinere.

    De conformidade co artigo 14 dos Estatutos de Triscos a Xunta Directiva ten como facultade resolver sobre a admisión de soci@s se fose necesario.






    A copia do formulario enviarase a este correo electrónico
























    AVISO LEGAL

    En cumprimento da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos de Carácter Persoal, informásmolle que en nome da Anpa tratamos os datos que nos facilita coa fin de informar sobre os servizos e actividades organizadas pola mesma.

    Os datos proporcionados consérvanse mentres sexan soci@s da Anpa. Os datos non se cederán a terceiros salvo no caso de que exista unha obriga legal. Vostede ten dereito a obter confirmación sobre si na ANPA CEIP LUÍS PIMENTEL estamos tratando os seus datos persoais, polo tanto ten dereito a acceder e rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando estes xa non sexan necesarios. Informámoslle que cando envíe este formulario os seus datos serán recollidos por Crea Redes Developers, SL co único propósito de dixitalizar este documento e crear a base de datos necesaria para a súa xestión, regulada por un contrato de xestor de tratamentos.